A Asociación Cultural Huhu amplía os horarios para visitar a exposición “O lexicón freático” na Sede
A Asociación Cultural Huhu anima á cidadanía a achegarse á exposición “O lexicón freático”, que se atopa instalada na Sede, aproveitando a ampliación dos horarios de apertura durante esta fin de semana. A entidade destaca que esta iniciativa busca facilitar as visitas e permitir que máis persoas poidan descubrir a proposta artística.
A mostra abrirá este venres 15 de maio entre as 16:00 e as 19:00 horas. O sábado 16 poderá visitarse en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 horas, e tamén pola tarde, de 16:00 a 19:00 horas. O domingo 17 manterase o mesmo horario, con apertura de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Desde a Asociación Cultural Huhu lembran que a exposición continúa aberta ao público e animan a aproveitar estes días para coñecer “O lexicón freático” sen escusas e con maior flexibilidade horaria.