A Asociación Cultural Huhú invita a visitar esta fin de semana a exposición 'O Lexicón freático'
A Asociación Cultural Huhú anima á veciñanza de Sarria e da súa comarca a achegarse esta fin de semana á Sede para visitar a exposición O Lexicón freático, unha proposta artística que reúne as obras de Bárbara da Fonte, Clo Plas, João Vasco Paiva, Salvador Cidrás e Víctor López.
A mostra complétase cunha publicación homónima elaborada en edición limitada e de carácter artesanal, converténdose nun complemento artístico da propia exposición.
As persoas interesadas poderán visitar a exposición o sábado 9 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, mentres que o domingo 10 permanecerá aberta de 12:00 a 14:00 horas.