A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria organiza unha exposición de traxes e cestería tradicional

SarriaXa
Esta iniciativa conta coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo
cestería-Asociación-Meigas-e-Trasgos-Sarria
23 Nov 2024

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria organiza unha exposición de traxes e cestería tradicional galega no seu lar social coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.

Así, as persoas interesadas en desfrutar desta mostra de pezas da tradición galega en canto aos vestidos que se levaban, poderán vela ata o vindeiro 16 de decembro.

A mostra está dispoñible os luns, martes e xoves de 19.30 a 21.00 horas e os sábados tamén se poderá ver en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

 

0.15307784080505