A asociación cultural Peleriños organiza o festival infantil de fin de curso 2025-2026 en Manán

A Asociación Cultural Peleriños organiza o festival infantil de fin de curso 2025-2026, unha cita que se celebrará o 31 de maio ás 12.00 horas na antiga Escola de Manán, no campo da festa, no municipio de Sarria.
O evento trasládase este ano a Manán, continuando coa iniciativa iniciada na edición anterior en Betote, co obxectivo de poñer en valor as parroquias e as aldeas do rural de Sarria, destacando o seu papel na vida comunitaria.
Durante a xornada haberá música, baile, petiscos e algunha que outra sorpresa para o público asistente, nun ambiente festivo pensado para as crianzas e as familias.