A Asociación Cultural Val de Láncara abre as súas actividades musicais e tradicionais a novos participantes

A Asociación Cultural Val de Láncara anima a todas as persoas interesadas na música e na tradición galega a achegarse ás actividades que organiza os sábados pola tarde na antiga escola de Láncara.
A programación ofrece diferentes propostas vinculadas á cultura e ao folclore galego, entre elas canto e pandeireta, percusión, baile e gaita. Deste xeito, a asociación reúne nun mesmo espazo distintas disciplinas musicais e artísticas relacionadas coa tradición galega.
As actividades están abertas ás persoas que queiran coñecer ou iniciarse nestas disciplinas e formar parte da proposta cultural da asociación.
Para obter máis información sobre os horarios ou o funcionamento das actividades, a Asociación Cultural Val de Láncara pon a disposición das persoas interesadas o teléfono 686 645 830.
Por outro lado, a Asociación Cultural Val de Láncara organiza todos os xoves ximnasia de mantemento que se imparten de 16.30 a 17.30 horas cun custo de 15 euros os socios e de 20 euros os non socios. Para máis información, recomendan chamar ao 69 1175 650.