A Asociación Cultural Val de Láncara organiza a III Foliada de Láncara e a Festa da Malla

SarriaXa
Estes dous eventos que teñen en común a necesidade de seguir poñendo en valor a cultura galega, terán lugar durante esta fin de semana
Festa-da-Malla-Láncara
6 Ago 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza dous eventos tradicionais da cultura galega durante este mes de agosto.

O primeiro é a III Foliada de Láncara, na que se achegará ao municipio o grupo de música tradicional galega Airiños do Neira, de Baralla, que xunto coa Asociación Cultural Val de Láncara interpretarán pezas para que as persoas que se acheguen poidan bailar.

Ademais, ao remate, haberá unha foliada libre con Amighos do Morraso, que tamén traerán a música tradicional para que siga a festa, que comezará na praza do Lugar, en San Pedro de Láncara, o 9 de agosto ás 21.30 horas.

Pola súa parte, a segunda iniciativa da asociación é a celebración da Festa da Malla, que terá lugar este domingo, 11 de agosto, unha festa tradicional á que invitan a participar a todas as persoas que estean interesadas en ver e formar parte da arte de mallar. Así, desde a mañá estarán compoñentes da asociación e veciños mallando e ás 13.00 horas actuará A Volta do Agro.

0.10539293289185