A Asociación Cultural Val de Láncara pide que se mellore a pista de Traveselas

SarriaXa
Defenden que é un espazo deportivo “con moitas posibilidades para a práctica de deportes varios”
pista-traveselas-Láncara
pista-traveselas-Láncara
16 Maio 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara organizou unha tarde de xogos na pista de Traveselas, onde din que “rimos e pasámolo moi”.

A pista, que foi posta en marcha polo Concello de Láncara hai arredor de 15 anos, é un espazo deportivo “con moitas posibilidades para a práctica de deportes varios”, explican desde a asociación, que tamén destaca o desfrute de nenos e adultos.

Así, desde o colectivo defenden que, tras os 15 anos da súa posta en marcha, “é preciso levar a cabo unha serie de obras que permitan dotala dos servizos necesarios, como o seu peche polos laterais ou adecentar o entorno”.

0.16928911209106