A Asociación de Amigos de Camiño de Santiago de Sarria denuncia a existencia de pisos ilegais para peregrinos

SarriaXa
A Asociación de Amigos de Camiño de Santiago de Sarria denuncia a existencia de pisos ilegais para peregrinos
20 abr 2023

Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na comarca de Sarria, denuncia que o pasado fin de semana un peregrino chegou a Sarria preguntando por unha casa que non consta como albergue do Camiño de Santiago, polo que denuncian que hai xente que ofrece aloxamento en Sarria de forma "pirata" sen estar dados de alta.

Neste caso, apunta a tres pisos dun edificio da Rúa Liberdade, pero tamén noutros puntos da localidade, xa que recibiron  queixas nas súas oficinas por parte de asociados a este colectivo que si teñen de alta os seus edificios para dar cabida aos peregrinos.

Jorge López explicou que "este tipo de vivendas son unha competencia desleal e representan un agravio para os nosos asociados, que traballan correctamente", polo que desde a asociación se puxeron en contacto coa Xunta para denunciar esta situación.