A Asociación de Comerciantes de Sarria deu a coñecer os premiados da campaña de San Valentín

SarriaXa
La Asociación de Comerciantes de Sarria dio a conocer los premiados de la campaña de San Valentín "Celebremos o amor".
san valentin sarria
san valentin sarria
18 feb 2022

A Asociación de Comerciantes de Sarria deu a coñecer os premiados da campaña de San Valentín “Celebremos o Amor”. Grazas a axuda de Lola, a man inocente, en total foron catro os premiados para desfrutar de ceas en establecementos da vila.

Para poder participar neste sorteo, as persoas tiñan que ter realizado algunha compra nos establecementos asociados da vila no período da promoción que foi dende o 1 de febreiro ata o día 14.

Como resultado, Carmen Maside, Samuel, Miriam López e Conchita Rivera gozarán das súas ceas en compaña no Hotel Alfonso IX, El Parisien, Restaurante Rome e Restaurante O Descando.

Nesta ocasión foron Ara moda, A Rosareira Cepsa, Herboristería Linva e Colorín Colorado Sarria os comercios que repartiron sorte entre os veciños.

As persoas gañadoras das ceas sorteadas contan cun amplo prazo para escoller o día no que gozar do premio, debido as condicións especiais que existen actualmente pola crise sanitaria con motivo da Covid.