A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza a festa do Entroido esta noite

SarriaXa
A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza un baile de Entroido o vindeiro 17 de febreiro ás 21.
17 Feb 2024

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza un baile de Entroido o vindeiro 17 de febreiro ás 21.30 horas no mercado gandeiro.

Así, as persoas interesadas poderán desfrutar dunha actividade que estará amenizada polo Dúo Dilema, pagando unha cota de 15 euros se son socios e de 20 euros se non o son.

O prazo para inscribirse nesta iniciativa está aberto ata o vindeiro 14 de febreiro e desde a Asociación animan a todos os veciños e veciñas a participar.

0.16351890563965