O Grupo Xacobeo Sarria organiza unha ruta con festa como celebración dos seus 20 anos

SarriaXa
A ruta desenvolverase polo Camiño Francés, pasando por Triacastela e Samos
Grupo-Xacobeo-Rutas-Sarria
Grupo-Xacobeo-Rutas-Sarria
17 Maio 2024

A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza unha ruta especial este 26 de maio, xa que cumpren os seus 20 anos de actividade en Sarria.

Así, ademais da ruta, as persoas participantes poderán desfrutar dun espectáculo da queimada e unha festa flower power.

Concretamente, a ruta será polo Camiño Francés, indo desde Sarria ata Triacastela e de aí a Samos, aínda que será unha ruta sinxela de 11 km. Polo camiño degustarán a larpeira e oporto e en Sarria terá lugar a comida, con espectáculo da Queimada.

Xa pola tarde desfrutarán dunha festa flower power inspirada nos anos 70 e 80 e nas flores, con baile amenizado polo Dúo Karamba.

0.16574692726135