A asociación Meigas e Trasgos de Sarria quere reparar o teito do seu edificio

SarriaXa
A asociación Meigas e Trasgos de Sarria quere reparar o teito do seu edificio e así o dixeron no seu pleno anual
Asociacion Meigas e Trasgos
Asociacion Meigas e Trasgos
4 Abr 2023

A asociación cultural Meigas e Trasgos quere reparar o teito do seu edificio do Chanto.

Así o debatiron na asemblea xeral extraordinaria de socios do pasado 1 de abril na que ademais revisaron as contas do 2022, o orzamento e as cotas para o 2023.

Para estas tarefas de mellora encargaron un proxecto que rehabilite esta parte do edificio pois presenta numerosas deficiencias como goteiras que danan o interior.

Unha vez se dispoña dun proxecto técnico oficial, a asociación sarriá intentará solicitar algún tipo de axuda tanto autonómica como local para o financiamento que segundo cálculos iniciais podería superar os 50.000 euros.

0.090924024581909