A Asociación Rúa da Música organiza en Sarria unha nova edición do festival Garitosis

A Asociación Rúa da Música celebrará este sábado, 12 de setembro, en Sarria unha nova edición do festival Garitosis, unha xornada de música e actividades que se desenvolverá na Travesía Rúa Nova, tras Mercadona, con entrada de balde.
A programación comezará ás 13:00 horas cun vermú amenizado pola Orquesta Paraguayo, ao que seguirá unha tarde de xogos populares.
A actividade musical retomaráse ás 21:00 horas coa actuación de Cool Flanders. Ás 23:00 horas será a quenda de Festicultores Troupe, mentres que a música continuará pola madrugada con Dreams of Dolly Sheep ás 01:00 horas, Untides ás 02:00 horas e Liam Peys ás 03:00 horas.
O festival está organizado pola Asociación Rúa da Música e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Sarria. A entrada será de balde durante toda a xornada.