A Asociación Sarricanta celebra o Día das Letras Galegas este sábado na Unión

A Asociación Sarricanta celebrará o vindeiro 24 de maio un acto especial con motivo do Día das Letras Galegas no local da Unión, a partir das 19:00 horas.
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Sarria, reunirá diversos colectivos culturais da localidade, entre eles o propio grupo Sarricanta, Cantareiros, o grupo de teatro Rebuldeira e a Banda de Música de Sarria.
O programa incluirá música, cantos, unha representación teatral, así como outras sorpresas pensadas para todas as persoas que queiran participar, xa que será un evento aberto a todo o público.
A intención da Asociación Sarricanta é clara: “Queremos facer un acto da lingua e da nosa cultura. O máis importante é poñer en valor a cultura e iso primámolo sempre; e neste acto, máis aínda, xa que defendemos a lingua galega”, destacan.