A Banda de Música Comarca de Sarria celebra a súa II Semana da Banda con obradoiros, ensaios e concertos

SarriaXa
A programación desenvolverase do 21 ao 26 de xullo e culminará co III Festival de Bandas Comarca de Sarria na Praza da Vila
Semana-da-Bandas-Comarca-de-Sarria
21 Jul 2026

A Banda de Música Comarca de Sarria celebra do 21 ao 26 de xullo a segunda edición da Semana da Banda, unha iniciativa que combinará formación, ensaios e actuacións abertas ao público co obxectivo de achegar a música de banda á veciñanza e fomentar a participación de novos músicos.

As actividades arrancan este martes 21 de xullo, ás 18.00 horas, cun taller rítmico impartido por Pablo del Valle. Ás 19.00 horas celebraranse os ensaios seccionais e ás 20.00 horas o ensaio tutti, todas estas actividades nas instalacións do Meigallo.

O mércores 22 de xullo repetirase ás 18.00 horas o taller rítmico con Pablo del Valle. Ás 19.00 horas terá lugar un taller de improvisación dirixido por Adrián Balboa e ás 20.00 horas desenvolverase un novo ensaio tutti, tamén no Meigallo.

A programación continuará o xoves 23 de xullo cun taller de improvisación con Adrián Balboa ás 18.00 horas. Ás 19.00 horas haberá ensaios seccionais no Meigallo e ás 20.30 horas celebrarase un concerto aberto a cargo de Pablo del Valle na Casa da Cultura.

O venres 24 de xullo volverá haber un taller rítmico con Pablo del Valle ás 18.00 horas, seguido dos ensaios seccionais ás 19.00 horas e do ensaio tutti ás 20.00 horas, novamente no Meigallo.

A Semana da Banda rematará o domingo 26 de xullo coa celebración do III Festival de Bandas Comarca de Sarria. A partir das 19.45 horas haberán dous pasarrúas simultáneos desde A Estación e a Praza Galicia. Ás 20.00 horas actuará a Banda de Música da Golada e, ás 20.45 horas, será a quenda da Banda de Música da Comarca de Sarria, nun concerto que terá lugar na Praza da Vila.

Desde a organización destacan que todas as actividades e ensaios estarán abertos ao público e animan ás persoas interesadas a participar levando o seu propio instrumento.

0.11301898956299