A banda de música de Paradela protagonizará as festas patronais da vila
As festas da Virxe das Dores de Paradela volven este ano en formato reducido e cumprindo as medidas sanitarias correspondentes. Así pois, as festas patronais de Paradela, que se celebran o terceiro domingo de setembro, celebraranse este ano o vindeiro domingo 19 de setembro.
A xornada contará con música para amenizar o día, sen embargo, non adquirirá o tamaño de outros anos a causa da actual situación sanitaria.
Desta maneira, a banda de música de Paradela será a encargada de poñer o ritmo e o ambiente festivo; primeiro cun pasarrúas pola vila ás 11.15 e despois, cun concerto que se realizará despois da misa das 13 horas no campo da feira.
Unhas festas para gozar dun ambiente lúdico cos veciños, veciñas e visitantes e que estará protagonizada pola música da banda de música da vila, coa que adquirirá un carácter especial.