A Biblioteca Camilo Gonsar premia os grandes lectores do ano no Día das Bibliotecas

SarriaXa
Fiz Regueiro Fernández e Carmen Resco Vizcaíno reciben os recoñecementos nas categorías infantil e adulta, nunha xornada que tamén homenaxeou as 16 persoas que completaron o reto lector en Sarria
SARRIA dia das bibliotecas 2026
24 Oct 2026

A Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria celebrou o Día das Bibliotecas cunha xornada dedicada a recoñecer o compromiso da veciñanza coa lectura e a destacar o papel destes espazos na vida cultural do municipio.

Durante o acto entregáronse os premios aos lectores do ano. Fiz Regueiro Fernández recibiu o recoñecemento na categoría infantil, mentres que Carmen Resco Vizcaíno foi distinguida na categoría adulta.

A biblioteca tamén homenaxeou as 16 persoas que completaron o reto lector e recoñeceu a colaboración de José Manuel Valiña López, pola doazón de prensa diaria.

A literatura e o Camiño de Santiago, protagonistas

A programación incluíu a presentación do libro 'Cuando el Camino mata', de Pepe Gómez Sandes, nun encontro arredor da literatura e do Camiño de Santiago.

A celebración continuará nos próximos días con novas sesións dos clubs de lectura e co obradoiro de escritura creativa 'Raíces de tinta', co obxectivo de manter activa a participación da veciñanza nas propostas culturais da biblioteca.

Desde o Concello de Sarria agradeceron o compromiso das persoas usuarias e destacaron o traballo diario de Patricia, Noelia, Vanesa e Adela, responsables de contribuír a que a lectura e a cultura sigan chegando á cidadanía.

A iniciativa serviu para poñer en valor as bibliotecas como espazos de encontro, aprendizaxe e convivencia, máis alá da súa función como lugares de consulta e préstamo de libros.

0.14796209335327