A Biblioteca Municipal Camilo Gonsar de Sarria incorpora dous novos clubs de lectura

SarriaXa
A iniciativa, dinamizada por Manuel Darriba, ofrecerá un espazo para compartir lecturas e conversar sobre literatura e cómic
Biblioteca-Sarria
5 Oct 2026

A Biblioteca Municipal Camilo Gonsar de Sarria poñerá en marcha dous novos clubs de lectura destinados a fomentar o encontro arredor dos libros, descubrir novas obras e compartir impresións entre os participantes. Ambos os espazos estarán dinamizados por Manuel Darriba.

O Club de Lectura Narrativa estará dirixido ao público adulto e contará con 20 prazas. As sesións celebraranse o último mércores de cada mes, ás 20:00 horas, na propia Biblioteca Municipal.

Pola súa banda, o Club de Cómic contará con 14 prazas e estará aberto a persoas a partir dos 16 anos. Neste caso, os encontros terán lugar o penúltimo mércores de cada mes, tamén ás 20:00 horas e nas instalacións da biblioteca.

0.14919996261597