A Cabalgata de Reis Magos de Sarria terá lugar esta tarde pola previsión de chuvia

SarriaXa
Ás seis, terá lugar o gran desfile na vila de Sarria, onde os Reis Magos percorrerán as rúas acompañados de música en directo, carrozas e moitas sorpresas
Reis-Magos-Sarria
4 Jan 2025

As Súas Maxestades os Reis Magos chegarán a Sarria este ano cun día de antelación, este sábado, 4 de xaneiro, para evitar a choiva prevista o Día de Reis. A xornada estará cargada de ilusión, música e emoción para pequenos e maiores.

A Cabalgata comezará no rural pola mañá. Ás dez da mañá visitarán San Pedro, pasando por Pena, Vilaesteva e Calvor. Media hora máis tarde estarán en Loureiro, ás once en Oural, e ás once e media en Vilamaior. Continuarán ás doce con parada en Goián, ás doce e media en Vilapedre, e á unha do mediodía en Manán, onde visitarán Céltigos e A Veiga. Para rematar o percorrido rural, ás unha e media estarán en Fonteabuín.

Xa pola tarde, ás seis, terá lugar o gran desfile na vila de Sarria, onde os Reis Magos percorrerán as rúas acompañados de música en directo, carrozas e moitas sorpresas.

0.14891505241394