A campaña 'O teu corazón pide Sarria' foi todo un éxito e a ACES sorteou catro ceas entre os participantes

SarriaXa
A campaña 'O teu corazón pide Sarria' foi todo un éxito e a ACES sorteou catro ceas entre os participantes
20 feb 2023

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria sorteou catro ceas para dúas persoas entre os tíckets recollidos nos establecementos adheridos durante a campaña de San Valentín 'O teu corazón pide Sarria'.

Os gañadores destas ceas foron, por orde de saída do papel da urna, Roberto Vázquez, José Luis López, Pamela López e Antía López, que tiveron que escoller en que establecemento querían cear dos catro propostos: Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante Roma e Restaurante O´Descanso.

Desde ACES sosteñen que a campaña de San Valentín "foi bastante boa, mellor do que pensaban", xa que, indica "os prezos están como están". Así, din que "había centos de tíckets" e notouse sobre todo a participación nas tendas de xoiaría "ao ser San Valentín", explican.

Nos vindeiros días entregaranse os premios nun acto na Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.