A carreira Xacorun celebrarase en Sarria o vindeiro 26 de febreiro

SarriaXa
A carreira Xacorun celebrarase en Sarria o vindeiro 26 de febreiro e pasará polo concello de Paradela e Portomarín
Xacorun Concello
Xacorun Concello
18 feb 2023

Sarria acolleu a presentación da segunda edición da carreira Xacorun, que se disputará o vindeiro 26 de febreiro entre Sarria e o Concello De Portomarín, atravesando o Concello de Paradela.

A proba constará de dúas modalidades, unha de 23 quilómetros que partirá ás 9.30 horas das inmediacións do Concello de Sarria e, seguindo o Camiño de Santiago, chegará a Portomarín tras percorrer 23 quilómetros; e unha segunda de 10 quilómetros que sairá ás 10.30 horas de Mirallos (Paradela) e, tras percorrer 10 quilómetros, chegará tamén a Portomarín.

Ademais do concelleiro de Deportes de Sarria, Felix Seijas, na presentación participaron representantes da asociación deportiva Pretorianos Club; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato; o alcalde de Portomarín, Pablo Rivas; o deputado provincial Efrén Castro; e o xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Cadramón.

As inscricións deberán realizarse a través da páxina web CCNorte e o prazo estará aberto ata o 21 de febreiro.

Xacorun Sarria