A Casa da Cultura de Sarria acollerá a actividade 'A maleta lila' da Anpa da EEI Xela Arias
SarriaXa
A Anpa da Escola de Educación Infantil Xela Arias de Sarria organizar un encontro formativo aberto para familias, titoras legais e toda a comunidade educativa, 'A maleta lila', á que convidaron, tamén, á Anpa do Frei Luís de Granada.
![Casa da Cultura Sarria](https://sarriaxa.com/wp-content/uploads/2023/02/Casa-da-Cultura-Sarria.jpg)
Casa da Cultura Sarria
19 Nov 2023
A Anpa da Escola de Educación Infantil Xela Arias de Sarria organizar un encontro formativo aberto para familias, titoras legais e toda a comunidade educativa, 'A maleta lila', á que convidaron, tamén, á Anpa do Frei Luís de Granada.
A actividade terá lugar o vindeiro luns, 27 de novembro na Casa da Cultura de Sarria, a partir das 17.00 horas, e poderán acudir a ela todas as familias interesadas en recibir formación sobre educar en igualdade.
Desde a organización explican en que consistirá a xornadA: "De que xeito afectan os roles e estereotipos de xénero ao noso día a día? Como sabemos se estamos a educar en igualdade? Que é a hipersexualización ? Como podemos falar de consentimento nas idades temperás?".
![Anpa EEI Xela Arias Sarria](https://sarriaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/11/Anpa-EEI-Xela-Arias-Sarria-200x282.jpg)