A charla coloquio 'Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais' terá lugar en abril

SarriaXa
A Plataforma Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria organiza unha charla coloquio para o vindeiro 20 de abril, sábado.
exposición Casa da Cultura Sarria discapacidade
exposición Casa da Cultura Sarria discapacidade
26 Mar 2024

A Plataforma Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria organiza unha charla coloquio para o vindeiro 20 de abril, sábado.

A través do título ‘Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais’, desenvolverase na Casa da Cultura de Sarria desde as 11.00 ás 13.30 horas de maneira gratuíta.

As persoas encargadas de guiar esta xornada son Esther Rodríguez, mestra de Pedagoxía Terapéutica e orientadora educativa; Andrea López, mestra; e Adrián Jacob Vázquez, psicopedagogo.

0.16714191436768