A CHMS mellorará a capacidade de desaugadoiro da ponte sobre o río Sarria en Láncara

SarriaXa
A CHMS mellorará a capacidade de desaugadoiro da pontesobre o río Sarria. As obras consistirán na demolición completa da estrutura existente
CHMS lancara desaugadoiro rio sarria
CHMS lancara desaugadoiro rio sarria
4 Feb 2023

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Antonio Piñeiro, alcalde do municipio lucense de Láncara, rubricaron o Protocolo que posibilitará óbralas “ substitución da ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena”.

O presente protocolo ten por obxecto establecer o marco para unha posible colaboración entre as partes outorgantes, para o financiamento e execución das actuacións que supoñerán un investimento estimado de 750.000€ e coas que se mellorará o tránsito e a comunicación de máis de 200 veciños da zona, esta ponte une os núcleos de Ronfe e Pousadela.

“As obras consistirán na demolición completa da estrutura existente (taboleiro, pilas e estribos) e na construción dunha nova ponte, cumprindo todos os requisitos establecidos no Plan Hidrolóxico vixente, cunha maior sección e anchura e, por tanto, maior capacidade de desaugadoiro”, explicou o presidente, “actuacións que poderían comezar no segundo semestre do ano” engadiu.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil farase cargo da licitación, adxudicación e xestión dos contratos de obra e servizos, ata a finalización das actuacións; pola súa banda o Concello de Láncara poñerá a disposición os terreos e as infraestruturas necesarias para a execución das obras.

0.15784597396851