A Comisión de Festas de Val do Mao do Incio organiza un Campionato de Tute

SarriaXa
A Comisión de Festas de Val do Mao do Incio organiza un Campionato de Tute para os vindeiros 21 e 22 de abril
Val do Mao O Incio
Val do Mao O Incio
16 mar 2023

O Campionato de Tute - Val do Mao 2023 terá lugar os vindeiros 21 e 22 de abril no campo da festa do Concello do Incio.

Este evento, organizado pola Comisión de Festas de Val do Mao, cita cuxa data adoita ser en maio, celebrarase nun local climatizado para que as previsións metereolóxicas non dificulten esta actividade.

Así, as persoas interesadas en participar terán que inscribirse a través dos números de Diego (639 677 955), Rubén (629 517 280), Manu (626 351 018) e Toirán (669 625 218).

Ese día haberá polvo a partir das 21.00 horas e os premios constarán de trofeos e lotes de produtos típicos da zona.

Campionato de Tute O Incio