A Deputación de Lugo investirá case 35.000 euros en mellorar vías de Sarria

A Deputación de Lugo destinará unha partida de 34.763 euros a mellorar varias vías do Concello de Sarria.
Así, estas vías serán o acceso á escola de Loureiro, a San Miguel de Vilapedre, a vía de Botote de Abaixo polo Piñeiro e o acceso á Feculera.
Estas actuacións foron autorizadas recentemente polo Goberno da Deputación de Lugo e o custo destas actuacións será asumido polos fondos do plan Deputación correspondente ao ano 2023.