A Deputación de Lugo investirá case 35.000 euros en mellorar vías de Sarria

SarriaXa
Concretamente, a Deputación de Lugo destinará unha partida de 34.763 euros a mellorar varias vías do municipio
Feculera-Sarria
Feculera-Sarria
2 Xul 2024

A Deputación de Lugo destinará unha partida de 34.763 euros a mellorar varias vías do Concello de Sarria.

Así, estas vías serán o acceso á escola de Loureiro, a San Miguel de Vilapedre, a vía de Botote de Abaixo polo Piñeiro e o acceso á Feculera.

Estas actuacións foron autorizadas recentemente polo Goberno da Deputación de Lugo e o custo destas actuacións será asumido polos fondos do plan Deputación correspondente ao ano 2023.

0.16992998123169