A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso co matadoiro municipal de Sarria

SarriaXa
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, reiterou durante o pleno provincial "o compromiso firme e claro" da institución para colaborar no financiamento do matadoiro municipal de Sarria.
matadoiro-Sarria
29 Jan 2025

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, reiterou durante o pleno provincial "o compromiso firme e claro" da institución para colaborar no financiamento do matadoiro municipal de Sarria.

Castro explicou que, despois de que hai quince días se aprobasen os modelos de convenios necesarios para iniciar o procedemento, a área de Rural púxose en contacto co Concello de Sarria para comezar coa tramitación da subvención.

O responsable provincial destacou que esta será a primeira subvención a asinárense en 2025, asegurando que se trata dunha "realidade inminente".

Con este apoio, a Deputación de Lugo cumpre co compromiso adquirido en novembro coas alcaldías da comarca de Sarria, que solicitaran a colaboración económica para garantir que o matadoiro siga sendo un servizo público.

A Deputación achegará 50.000 euros ao Concello de Sarria para manter o matadoiro en funcionamento dentro do orzamento de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.155925989151