A Deputación formou en 2022 a máis de 760 empregados públicos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación formou en 2022 a máis de 760 empregados públicos a través do Plan Agrupado de Formación Continua
deputacion plan de emprego
18 Nov 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ás deputadas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos os diplomas aos empregados e empregadas públicos da propia institución e dos concellos que completaron os cursos do Plan de Formación Continua ofrecido neste 2022 pola entidade provincial.

Este ano, a Deputación organizou 19 accións, nas que participaron 760 persoas. “Trátase de algo positivo a nivel individual, para a carreira profesional dos traballadores, pero tamén a nivel colectivo, porque, coa mellora constante de coñecementos, estamos contribuíndo a mellorar o funcionamento das administracións”, sinalou o presidente.

José Tomé subliñou que o Plan Agrupado busca precisamente “avanzar cara unha administración máis moderna e eficaz, con capacidade para utilizar con proveito as ferramentas de traballo dispoñibles en cada momento e prestar así un mellor servizo á cidadanía, que debe ser a nosa máxima aspiración como servidores e servidoras públicos”.

Neste sentido, lembrou que os traballadores e traballadoras da Administración local xogan un papel fundamental porque están na primeira liña de consulta á que acoden os veciños e veciñas para pedir información, facer trámites ou resolver dúbidas. “Formamos parte da Administración máis próxima á cidadanía, da primeira porta á que chaman cando teñen un problema”. Por iso, engadiu,  “debemos seguir traballando xuntos, dotándonos das mellores ferramentas, de recursos e de formación como a que proporciona o Plan Agrupado para ser, cada día, máis útiles ós novos conveciños, porque así tamén lle irá mellor ós concellos e ó conxunto da provincia”.

A proposta do Plan Agrupado de Formación Continua 2022 incluíu accións centradas nas áreas xurídico-procedimental, políticas de igualdade, administración electrónica, novas tecnoloxías, recursos humanos, saúde laboral e urbanismo e medio ambiente, entre outras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15438508987427