A Escola de Taekwondo de Sarria conseguiu 20 medallas na Copa Xunta de Galicia 2024
A Escola de Taekwondo de Sarria participou con 37 deportistas na Copa Xunta de Galicia 2024, que tivo lugar en Nigrán este domingo.
Estes 37 deportistas foron es que se clasificaran a semana pasada na fase provincial e, nesta ocasión, conseguiron un total de 20 medallas, destacando Mateo Fernández pola súa prata en competitiva.
Pola súa parte, en amateur, Nicole Vilagines, Ignacio Vizcaíno, Cristian Galo, Aylen Pumarega, Dani Pan, Aarón González, Jose Riveiro e Fidel del Río conseguiron facerse cunha medalla de ouro.
Pola súa parte, Carla López, Juanjo López, Raquel Vilarin, Iría Gasamans, Samuel Maron, Marta Calvan, Miguel López, Martín Varela e Alma de Sousa acadaron a medalla de bronce; mentres que Carla Rodríguez e Arancha Riveiro conseguiron a de bronce.
Ademais, tamén compitieron Laura Díaz, Naiara Muñoz, Mateo Pontón, Sergio Castro, Alejandra Díaz, Lucas Trebolle, Martín López, Christopher Marcano, Dani Rivas, Alba González, Inés Bergantiños, Carolina Bergantiños, Claudia Fernández, Gael Goyanes, Uriel Gutiérrez, Alexis Encinas, Cleopatra Celeiro e Carolina Bergantiños.
“A pesar de non volver con medalla, fixeron un traballo espectacular co que estamos máis que satisfeitos”, destaca o adestrador, Álex Losada, quen defende o “grandísimo traballo de todo o equipo”.