A Escola Municipal de Música de Sarria homenaxeará a Begoña Caamaño nun concerto

A Escola Municipal de Música de Sarria celebrará as Letras Galegas cun concerto especial dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño terá lugar este venres 15 de maio ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Sarria e a entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.
Na actuación participarán diferentes agrupacións da escola como a MiniBanda, Clarisaxos e o Coro Linguaxe Musical EsMuSa, que ofrecerán un repertorio preparado para esta conmemoración cultural.
O concerto contará ademais coa colaboración especial de Sofía López Cabrera e kiowa, que se sumarán a unha cita musical pensada para render tributo á lingua e á cultura galega a través da música.