A Escola Municipal de Música de Sarria prepara os horarios do novo curso

SarriaXa
O alumnado deberá acudir a próxima semana nas franxas establecidas para cada instrumento e materia, mentres que as clases comezarán oficialmente o 1 de outubro
Escola-de-musica-Sarria
21 Sep 2026

A Escola Municipal de Música de Sarria (ESMUSA) ultima os preparativos para o curso 2026/2027 coa asignación dos horarios das diferentes materias e instrumentos, que se realizará a próxima semana. Este proceso permitirá organizar os grupos antes do inicio oficial das clases, fixado para o 1 de outubro.

Para realizar a asignación dos horarios de instrumento deberán acudir todos os alumnos e alumnas. Pola súa banda, no caso de Linguaxe Musical, Estimulación Musical Temperá e Música e Movemento, só será necesaria a presenza do alumnado de nova matrícula e daquelas persoas que necesiten modificar o horario que tiñan durante o curso pasado.

A distribución comezará o luns, cunha franxa de 18.30 a 19.30 horas para Coro. Linguaxe Musical, para aqueles que precisen cambiar o horario anterior, terá asignado o período de 17.00 a 19.00 horas, o mesmo que Estimulación Musical Temperá e Música e Movemento.

O martes será a quenda de vento metal e gaita, de 17.00 a 20.00 horas, e de percusión, entre as 18.00 e as 21.00 horas.

A programación continuará o mércores coa asignación de guitarra e acordeón e piano, de 17.00 a 20.00 horas, mentres que clarinete e saxofón terán a súa quenda de 18.00 a 21.00 horas.

O xoves haberá unha segunda quenda para vento metal, entre as 17.00 e as 20.00 horas, franxa na que tamén se organizarán os horarios de piano. Guitarra e acordeón, así como clarinete e saxofón, realizarán a asignación entre as 18.00 e as 21.00 horas.

Finalmente, o venres estará reservado para frauta, cun horario comprendido entre as 17.00 e as 19.00 horas.

Unha vez completado este proceso organizativo, ESMUSA dará paso ao novo curso académico, que arrancará oficialmente o 1 de outubro cunha oferta que abrangue desde a iniciación e estimulación musical ata a formación en diferentes instrumentos.

0.16507291793823