A escritora María Mayorga estará no Incio falando do proceso de autopublicación dun libro

SarriaXa
A escritora María Mayorga estará no Incio falando do proceso de autopublicación dun libro coa colaboración da furgoteca
María Mayorga
María Mayorga
20 abr 2023

Este sábado, 22 de abril, o Concello do Incio acolle unha charla-coloquio da escritora María Mayorga, autora do libro Cuentos con corazón y mucha naturaleza.

A cita será de 12.00 a 13.00 horas no local dentro do Concello do Incio e conta coa colaboración da iniciativa A Furgoteca da Xunta de Galicia.

As persoas que queiran asistir poderán facelo sen custo para desfrutar dunha charla na que Mayorga falará sobre o proceso necesario para a autopublicación dun libro cunha temática relacionada coa Educación na Natureza.

A través desta actividade búscase aportar a todas as persoas que están pensando en publicar un libro consellos e pautas para realizar unha tirada de exemplares e comercializalos de maneira independente.

Charla O Incio