A ESMUSA de Sarria pecha unha fin de semana de participación na IX Mostra Musical do Eixo Atlántico

SarriaXa
O alumnado, profesorado e representantes institucionais destacaron a convivencia, a aprendizaxe e o intercambio cultural en Vilalba
Actualizada el 28 mayo 2026, 08:58 horas
27 May 2026

A corporación municipal de Sarria realizou un acto de recepción oficial á ESMUSA como recoñecemento á súa participación na IX Mostra Musical do Eixo Atlántico, celebrada en Vilalba, unha iniciativa na que o alumnado do centro representou ao municipio nun encontro musical de carácter internacional.

Durante o acto, o Concello quixo poñer en valor o traballo desenvolvido polo alumnado participante, así como pola solista, o grupo Os Petapouco e a Minibanda, subliñando o esforzo, a dedicación e o compromiso que hai detrás de cada ensaio e de cada actuación, así como os resultados acadados nesta experiencia.

A recepción contou coa presenza do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, do vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e do concelleiro de Cultura, César No, que quixeron acompañar á comunidade educativa nun acto de agradecemento institucional pola súa participación no evento musical.

Desde o goberno local destacouse tamén o valor desta experiencia, que vai máis alá do escenario ao promover a aprendizaxe musical, a convivencia e o intercambio cultural entre mozos e mozas de Galicia e do norte de Portugal, reforzando así os lazos entre territorios.

O Concello agradeceu ademais o papel do profesorado e das familias, así como o acompañamento e a implicación de todo o equipo docente, cun recoñecemento especial a Manuel Montero, José Luis García e Martín polo seu traballo constante para facer posible esta actividade.

0.10464882850647