A Esmusa, os Clarisaxos e a Minibanda actuarán polas Letras Galegas

O Concello de Sarria organiza un concerto con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o venres 16 de maio na Casa da Cultura, no que participarán a Escola Municipal de Música de Sarria (Esmusa), o grupo Clarisaxos e a Mini Banda.
A actuación comezará ás 19:30 horas e será de acceso libre ata completar aforo. Para rematar, interpretarán todos xuntos o Himno Galego, e despois do concerto iranse cear todos xuntos.
A programación continúa o sábado 17 de maio cun espectáculo infantil, pensado para celebrar as Letras co público máis novo e fomentar o interese pola lingua e a cultura galegas desde a infancia.
Ademais, o Concello colabora coa actividade 'Movendo os marcos' no Meigallo e patrocina as actividades especiais organizadas polos colectivos Peleriños e Sarricanta, que se desenvolverán arredor desta importante data para a literatura e identidade galegas.
Con esta programación diversa e participativa, Sarria únese un ano máis á celebración das Letras Galegas, consolidándose como un referente no apoio á lingua e á cultura propias.