A estrada LU-P-5702 en Sarria será renovada a través dunhas obras da Deputación

SarriaXa

A Deputación de Lugo de Lugo iniciará este venres, 19 de abril, as obras de renovación das obras de drenaxe transversal da estrada provincial LU-P-5702, en Sarria, á altura do quilómetro 1,610.

18 abr 2024

A Deputación de Lugo de Lugo iniciará este venres, 19 de abril, as obras de renovación das obras de drenaxe transversal da estrada provincial LU-P-5702, en Sarria, á altura do quilómetro 1,610.

Uns traballos que ascenden a 70.000 euros, e que se realizan pola vía de emerxencia unha vez que o equipo técnico provincial detectou que a vía se atopaba danada neste punto.

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián, nesta estrada que conecta esta zona sarriá con Pedrafita do Cebreiro por Sabadelle.

Os traballos neste treito consistirán no desvío do leito do río, retirada das varandas, corte de pavimento, demolición e retirada da lousa de formigón e tamén dos muros de mampostería, escavacións precisas, execución da cimentación mediante a lousa de formigón armado, colocación de marcos prefabricados, afirmado e pavimentación, execución das aletas con muros, reposición de sinalización horizontal e implantación de sistemas de contención.

A maquinaria traballará en todo momento desde a estrada, non se cortará ningunha árbore nin se verá afectada a vexetación ás beiras da auga, e empregaranse materiais que presentan unha boa integración paisaxística como a pedra para a execución das aletas.

A vía manterase cortada neste punto durante un mes para o correcto desenvolvemento das obras e para salvagardar a seguridade das condutores e peóns. A institución provincial instalará sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios e usuarias da estrada.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Goberno da Deputación de Lugo, eido ao que se dedican 20 millóns de euros do orzamento deste ano. Uns fondos que se destinan á conservación e renovación da rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo.