A exposición "PALESTINE HERE AND THERE" pode visitarse esta fin de semana na Sede

A exposición "PALESTINE HERE AND THERE" poderá visitarse esta fin de semana na SEDE-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, cunha proposta que afonda na identidade, a memoria e a resistencia.
A mostra estará aberta o sábado 29 de agosto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo 30 de agosto, de 12:00 a 14:00 horas.
A exposición parte dunha invitación de Paula Parente Pinto á artista palestina Ahlam Shibli, que decidiu estendela a Aref Massalha, Fatma Hassona, Mohamed Harb, Monther Jawabreh e Rehaf Al Batniji. A través da fotografía, o vídeo, o cinema documental e o arquivo, as obras abordan cuestións como a perda do fogar, a ocupación, o desprazamento, a destrución e as diferentes formas de resistencia ante o intento de borrado.
Entre as obras incluídas atópanse as fotografías de Fatma Hassona, asasinada en Gaza en 2025, que documentan a vida baixo os bombardeos e a destrución da Franxa.
A exposición foi inaugurada o 25 de xullo e poderá visitarse na SEDE ata o 3 de outubro de 2026.