A exposición sobre inclusión infantil encara os seus últimos días en Sarria

A exposición fotográfica de Down Lugo e promovida por Diversa Infantil aínda pode visitarse en Sarria. A proposta, que pon o foco na inclusión e na diversidade a través da arte, destaca pola súa forza expresiva e pola capacidade de transmitir unha visión persoal e sensible do entorno.
Ao longo dos últimos días, numerosas persoas achegáronse a coñecer unha colección que combina creatividade e mensaxes de inclusión, converténdose nun exemplo de como a cultura pode contribuír á sensibilización social.
A exposición pode visitarse ata o 29 de maio en dous espazos da vila. Por unha banda, permanece aberta en O Garaxe, situado na avenida de Becerreá, en horario de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas. Por outra, tamén está dispoñible na Casa da Cultura de Sarria, cun horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Dende a organización fan un chamamento á veciñanza para non deixar pasar esta oportunidade, subliñando o valor dunha mostra que “permite mirar o mundo dende outras perspectivas” e que reivindica a participación activa de todas as persoas na vida cultural.