A Feira da Ponte de Lóuzara de Samos contou con 25 expositores

SarriaXa
No día de onte celebrouse a décimo terceira edición da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara, no concello de Samos.
pablo rivera julio gallego samos feira turismo
18 Aug 2021

No día de onte celebrouse a décimo terceira edición da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara, no concello de Samos. Esta cita conta cunha achega de 4.000 euros a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos da institución provincial.

A Feira da Ponte Lóuzara deu cita ao longo deste pasado martes a 25 expositores de toda Galicia, reducindo case á metade o aforo respecto a edicións anteriores. Así pois, durante toda a xornada houbo animación musical.

A Feira naceu no 2008 co obxectivo de dinamizar a vida social e recuperar a tradición que existía desta antiga feira.

Plan Único

A Deputación de Lugo achega 281.445 euros este ano ao concello de Samos a través do Plan Único. O 56% do orzamento, máis de 158.000 euros, están destinados a obras como a mellora de pavimentacións en distintos núcleos urbanos ou construción dun muro de mampostería e a reconstrución da soleira de formigón na praza de Vigo do Real. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) conta cunha achega de 14.320 euros e o fomento do emprego beneficiarase con case 90.000 euros.

Tanto a Feira do Turismo e do Peregrino como a Feira da Artesanía e os Produtos Naturais reciben unha axuda de 14.000 euros. Doutra banda, a administración electrónica supera os 4.600 euros de orzamento e as actividades culturais, para a impresión dun libro, conta cunha achega de 1.500 euros.

0.15359401702881