A Festa do Peregrino de Triacastela terá lugar o vindeiro 17 de agosto

SarriaXa
O vindeiro 17 de agosto Triacastela acollerá a súa cuarta Festa do Peregrino, un recoñecemento ás persoas que percorren o municipio a través do Camiño Francés e que son unha fonte de ledicia para o pobo triacastelán, tanto por deixar cartos para os seus veciños como para velo cheo durante os meses de verán.
cartel festa peregrino Triacastela
cartel festa peregrino Triacastela
13 Ago 2023

O vindeiro 17 de agosto Triacastela acollerá a súa cuarta Festa do Peregrino, un recoñecemento ás persoas que percorren o municipio a través do Camiño Francés e que son unha fonte de ledicia para o pobo triacastelán, tanto por deixar cartos para os seus veciños como para velo cheo durante os meses de verán.

Por isto, organízanse diversas actividades durante a xornada, que comezará ás 11.00 horas cunha actividade de música de raíz da man de Xabier Blanco, da Fundación Legar na praza do Concello. E logo, ás 13.00 horas terá lugar a misa na capela de San Mamede.

Xa pola tarde, será a quenda da misa do peregrino, cantada pola coral Sarricanta de Sarria na igrexa parroquial de Santiago de Triacastela e ás 21.00 horas terá lugar a pancetada popular na praza do Concello e a verbena amenizada polo grupo Tania Veiras e a Louband.

Imprimir
0.17541790008545