A 'foodtruck' Galicia Sabe Amar estará durante esta xornada no campo da feira do Páramo

SarriaXa

Durante o día de hoxe, desde as 11.

Sabe Amar O Paramo
Sabe Amar O Paramo
25 oct 2023

Durante o día de hoxe, desde as 11.00 horas ata as 17.00 horas estará a foodtruck de Galicia Sabe Amar da Xunta de Galicia no Campo da feira do Páramo.

Así, todos os veciños e veciñas interesados nesta iniciativa poderán desfrutar petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra co fin de poñer en valor o produto galego.

Desde o Concello do Páramo animan a todos a que se acheguen a degustar os produtos galegos que trae a Xunta de Galicia aos diferentes concellos rurais para poder coñecer máis da gastronomía galega.