A Furgoteca achégase a Triacastela o 15 e o 28 de decembro

SarriaXa
O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Triacastela os días 15 e 28 deste mes de decembro para ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas.
Furgoteca Triacastela
Furgoteca Triacastela
4 dic 2023

O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Triacastela os días 15 e 28 deste mes de decembro para ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas.

O itinerario do venres 15 comezará ás 11.00 horas en Toldaos (San Salvador), para trasladarse de 11.40 a 12.00 horas a Santalla de Alfoz. Despois, de 12.10 a 12.30 estará en Cancelo; de 13.50 a 14.05, en Lamas de Biduedo e de 14.15 a 14.30 atoparase en Bidueiro. A última parada nesta xornada será de 14.45 a 15.30 na praza do Concello de Triacastela.

O xoves 28 os nenos e nenas tamén se poderán achegar a Triacastela onde o servizo estará en funcionamento de 12.00 a 15.30 horas. Ademais deste Concello, dentro da provincia de Lugo o servizo está en funcionamento en Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

O servizo, que continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense, tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresoras.

furgoteca_triacastela