A Furgoteca volve ata Santa Cruz do Incio cos seus libros e unha charla coloquio

A Furgoteca estará o vindeiro venres 22 de setembro no Concello do Incio percorrendo o municipio para ofrecer libros para os máis pequenos, pero tamén para todas as persoas que queiran.
A biblioteca móbil da Xunta estará en Santa Cruz do Incio desde as 12.50 horas ata as 14.50 horas no Centro Sociocultural.
Así mesmo, de 18.00 a 19.00 horas haberá unha charla coloquio e presentación do libro La carta que nunca leerás, de Patricia Rivas.
Xa estivera no Incio o pasado día 6, percorrendo nese caso as parroquias de Eirexalba, Laiosa, Penaxubeira, A Cervela e Santa María do Mao.