A Furgoteca volve ata Santa Cruz do Incio cos seus libros e unha charla coloquio

SarriaXa
A Furgoteca volve ao Incio durante esta xornada a partir das 13.00 horas e ata finais da tarde, cara as 19.00 horas
afurgoteca cartel lugo portada
afurgoteca cartel lugo portada
18 sep 2023

A Furgoteca estará o vindeiro venres 22 de setembro no Concello do Incio percorrendo o municipio para ofrecer libros para os máis pequenos, pero tamén para todas as persoas que queiran.

A biblioteca móbil da Xunta estará en Santa Cruz do Incio desde as 12.50 horas ata as 14.50 horas no Centro Sociocultural.

Así mesmo, de 18.00 a 19.00 horas haberá unha charla coloquio e presentación do libro La carta que nunca leerás, de Patricia Rivas.

Xa estivera no Incio o pasado día 6, percorrendo nese caso as parroquias de Eirexalba, Laiosa, Penaxubeira, A Cervela e Santa María do Mao.

0.16367816925049