A Furgoteca volverá a Samos os vindeiros días 19 e 30 de xaneiro

SarriaXa
Samos acollerá de novo a visita do servizo de bibliotecas da Xunta, e Furgoteca, que se achegará ao municipio os vindeiros días 19 e 30 de xaneiro para achegar libros e conexión a internet a través dos seus ordenadores tanto para nenos como para adultos.
Furgoteca Triacastela
Furgoteca Triacastela
5 ene 2024

Samos acollerá de novo a visita do servizo de bibliotecas da Xunta, e Furgoteca, que se achegará ao municipio os vindeiros días 19 e 30 de xaneiro para achegar libros e conexión a internet a través dos seus ordenadores tanto para nenos como para adultos.

Así, o vindeiro venres 19 estará ás 11.00 horas en Samos, ás 12.10 horas viaxará ata a parroquia de San Martiño do Real, ás 12.40 horas irá ata Renche, ás 13.30 horas estará en San Cristovo de Lóuzara, ás 14.20 horas estará no Vao, onde o Restaurante A Pontenova, e ás 14.50 horas irá ata Castroncán.

Pola súa parte, o día 30 só fará unha parada en Samos, pero estará de 12.40 ata as 15.40 horas, tres horas nas que nenos e nenas do municipio poderán achegarse para ler, xogar e desfrutar de todos os servizos que presta a Xunta.