A Furgoteca volverá a Triacastela para ofrecer os seus servizos polas parroquias

SarriaXa
O servizo móbil de bibliotecas de Galicia, Furgoteca, chega a Triacastela de novo o vindeiro 10 de outubro, percorrendo diferentes parroquias do municipio e tamén estará no mesmo Concello o día 28.
Furgoteca 2
Furgoteca 2
3 Out 2023

O servizo móbil de bibliotecas de Galicia, Furgoteca, chega a Triacastela de novo o vindeiro 10 de outubro, percorrendo diferentes parroquias do municipio e tamén estará no mesmo Concello o día 28.

Así, durante o vindeiro martes, este recurso da Xunta comezará a súa ruta en Toldaos ás 11.00 horas, logo pasará por Santalla de Alfoz ás 11.40 horas, logo irá cara a Cancelo ás 12.10 horas; a continuación irá ata Lamas de Biduedo, ás 13.50 horas e ás 14.20 horas chegará a Biduedo, onde partirá á súa última visita, a Triacastela ás 15.00 horas.

Pola súa parte, o día 28 a Furgoteca aparacará na praza do Concello ás 11.00 horas e alí permanecerá durante catro horas, ata as 15.00 horas para dar servizo aos nenos e nenas e maiores que queiran.

A furgoteca

A furgoteca trátase dun recurso que funciona como centro de difusión da cultura, facilita o acceso aos recursos culturais e formativos, ofrece servizos para o apoio á aprendizaxe e procura o desenvolvemento da creatividade das persoas usuarias a través de diferentes accións de dinamización lectora e cultural.

Entre os servizos que concentra a iniciativa atópanse o asesoramento e recomendacións de lectura; a xestión de carnés de usuario; a formación, o acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e a organización de actividades culturais como obradoiros, contacontos ou certames. Para poder gozar deste recurso sociocultural só é preciso ser titular dun carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.

0.16568899154663