A Inspección Técnica de Vehículos agrícolas estará no Incio en diferentes datas deste mes

SarriaXa

A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará no Incio durante este mes en diferentes datas e lugares do municipio.

ITV agricola
ITV agricola
10 abr 2024

A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará no Incio durante este mes en diferentes datas e lugares do municipio.

Así, o primeiro lugar onde parará a ITV será en Noceda, na pista polideportiva do Incio este xoves, 11 de abril, de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

A seguinte data será o 12 de abril, cando estará na Cruz do Incio de 09.00 a 13.30 horas e nese lugar tamén estará o 15 de abril, pero ademais do horario de mañá, terá horario de tarde, de 15.15 a 18.00 horas.

Por último, o 16 de abril estará no Val do Mao (campo da festa) de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.