A ITV agrícola desprazarase a Triacastela do 17 ao 20 de febreiro

A unidade móbil 04 de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Triacastela entre o 17 e o 20 de febreiro para realizar as revisións periódicas obrigatorias. Así o comunicou a empresa Supervisión y Control, S.A., responsable do servizo, segundo recolle o bando emitido polo Concello.
As inspeccións levaranse a cabo na explanada da subestación, na dirección de Vilavella, en horario de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. O servizo prestarase en quenda de mañá e tarde durante todas as xornadas previstas, coa excepción do 20 de febreiro, cando a atención se limitará unicamente ao horario matinal.
As persoas interesadas en pasar a ITV deberán solicitar cita previa, ben por teléfono no número 981 92 80 80, ou a través da páxina web www.sycity.com, no apartado correspondente a cita previa. O anuncio foi feito público para xeral coñecemento con data do 6 de febreiro de 2026.