A IX edición do festival Esmorga Fest de Sarria celébrase este venres con 19 actuacións musicais

SarriaXa
A IX edición do festival Esmorga Fest de Sarria celébrase este venres con dezanove actuacións musicais de renome
Esmorga Fest
Esmorga Fest
16 Maio 2023

Este venres chega a IX edición do Esmorga Fest, un dos festivais de Sarria con máis arraigo na vila, na comarca e na provincia de Lugo. Este evento cultural, que terá lugar os días 19 e 20 de maio, contará con 19 artistas e grupos musicais que actuarán en dous escenarios, o gratuíto #Vicedepu La Unión e o Son Estrella Galicia 'Sala Litmar'.

Así, o venres, 19 de maio, abriranse as portas do escenario "Sala Litmar" ás 20.30 horas para dar paso ás 21.00 horas á actuación de Víbora. Unha hora máis tarde será a quenda de First Breath After Coma, que durará unha hora e vinte, ata ás 23.20 horas, cando dará un concerto Toundra. Xa de madrugada, ás 00.40 horas, La Plata actuará ata a 01.50 horas, cando será VVV quen siga poñendo a música. Xa ás 02.55 horas, Pálida subirá ao escenario ata as 04.25, cando John Axiom pechará as actuacións do primeiro día de festival.

O sábado comezará ás 13.30 horas coa actuación de Gonzalo no Escenario #Vicedepu "La Union", onde tamén actuará Charanga ás 16.00 horas, Ghouljaboy ás 17.10 horas, Castro ás 18.20 horas e Grande Amore ás 19.10 horas.

Despois, a festa pasara ao escenario principal a partir das 20.30 horas, momento no que se abrirán as portas da "Sala Litmar", que acollerá a actuación de The Parrots, ás 21.00 horas; a de Last Days of April, ás 22.05 horas; e a de bdrmm ás 23.15 horas. Para terminar a xornada, xa de madrugada, serán Los punsetes quen actúen ás 00.30 horas, dando paso a Yawners ás 01.45 horas, a Lagoon ás 02.40 horas e a Cora Novoa ás 03.50 horas, que despedirá o festival ata o ano que vén.

Apoios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo será a principal patrocinadora do festival, xa que o apoio económico da área de Cultura garantiu a continuidade do evento, que está entre os mellor valorados de Galicia e do resto do Estado no seu formato e que conta cunha gran implicación e apoio da veciñanza e do tecido asociativo e empresarial de Sarria.

Tamén a o Goberno galego apoia esta cita, que recoñeceu a aposta dos organizadores por aglutinar talento internacional, nacional e galego para seguir posicionando o Esmorga Fest como un dos mellores festivais de música alternativa, que acolle a público de toda España”.

Cartel Esmorga Fest
0.16816806793213