A maleta sensorial da Plataforma Diversa Infantil leva estimulación e benestar á residencia de maiores de Sarria

A residencia de maiores de Sarria recibiu a visita da maleta sensorial impulsada pola Plataforma Diversa Infantil, unha proposta orientada a fomentar a estimulación cognitiva e motriz das persoas usuarias a través de diferentes materiais adaptados.
A actividade permitiu traballar a coordinación, activar os sentidos e promover o benestar das persoas participantes mediante unha experiencia baseada en texturas, luces e dinámicas de interacción. A sesión converteuse tamén nun espazo para compartir momentos e reforzar vínculos, nun ambiente lúdico e participativo.
A maleta sensorial, que se ofrece en réxime de préstamo, forma parte das accións que desenvolve Diversa Infantil para achegar recursos inclusivos a distintos colectivos. As persoas interesadas en obter máis información ou realizar reservas poden contactar a través do correo electrónico diversainfantil@gmail.com.
Desde a residencia agradeceron a implicación e o compromiso da entidade por facer posible iniciativas deste tipo, que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a enriquecer o seu día a día.